21-09-2017
“Por unha Alianza no Sector Industrial Galego": conclúe a ronda de reunións cun gran éxito de participación
O Consello Económico e Social de Galicia (CES) celebrou onte a última das
tres xornadas de reunións enmarcadas dentro da iniciativa "Por unha
alianza no sector industrial galego". Presentadas pola Presidenta do CES,
Corina Porro, e moderadas por Xose H. Vázquez, Catedrático da Universidade de
Vigo, contaron coa participación de cerca de 100 actores da industria.
Durante as xornadas, os distintos grupos, formados por sindicatos, empresas,
universidades e institucións, aportaron o seu coñecemento e experiencias en
relación ás cinco áreas obxecto de estudo. Na primeira xornada os temas a debater
foron a "Regulación das condicións marco" e os "Factores
territoriais de competitividade", na segunda, a temática centrouse no
“Capital humano” e a “Investigación e innovación”, e, por último, onte mércores,
tratouse a “Investimento e
atracción/retención de capitais”.
Ao largo destas reunións fóronse extraendo unha gran cantidade de reflexións
e propostas, resultado da activa participación dos asistentes, que serán un
input fundamental para a redacción do informe final, o cal será publicado tras
someterse a validación por parte da comisión sectorial 3 do CES.