REDE é un equipo de investigación multidisciplinar da Universidade de Vigo que se constitúe en 2004 a partir de tres grupos que ata entón viñan actuando por separado: un grupo pertencente á área científica de Fundamentos da Análise Económica, outro de Economía Aplicada, e un terceiro de Organización de Empresas e Marketing. En 2006, foi o primeiro equipo do ámbito xurídico-social en gañar unha das axudas a Grupos de Referencia do Sistema de Investigación galego.
As nosas liñas de investigación prioritarias sitúanse no ámbito da excelencia operacional, por unha banda, e a enerxía e o medio ambiente, por outra. A Comisión Europea e o Ministerio de Ciencia e Innovación financiaron sistematicamente esta investigación a través de convocatorias competitivas e, polo tanto, o resultado do noso esforzo deu lugar a numerosos artigos nalgunhas das principais revistas de análise económica e estratexia empresarial: Cambridge Journal of Economics, Climate Policy, Computers and Operations Research, Economic Modelling, Economic Theory, Energy Journal, Energy Policy, Environmental Economics and Policy Studies, Harvard Business Review, IEEE Transactions on Engineering Management, Industrial and Corporate Change, Industrial Marketing Management, International Journal of Operations and Production Management, Journal of Celaner Production, Journal of Environmental Policy and Planning, Journal of Manufacturing Systems, Long Range Planning, Management and Organization Review, Natural Resource Modelling, Organization Science, Organization Studies, Public Choice, Research Policy, Review of Economic Dynamics, Supply Chain Management International Journal e Technology Analysis and Strategic Management.
Estes traballos facilitaron a nosa colaboración en numerosos proxectos de transferencia do coñecemento, tanto con institucións públicas como privadas. As nosas alianzas con organizacións públicas tiveron lugar co Banco Interamericano de Desenvolvemento, o IPCC (Panel Intergubernamental sobre Cambio Climático), o Ministerio de Ciencia e Innovación, varios organismos do Goberno de Galicia que abordan a competitividade industrial, as emisións de CO2 ou a eficiencia no coidado da saúde (IGAPE, GAIN, ACIS, IGE), o Consello Económico e Social de Galicia e o Consorcio da Zona Franca de Vigo. Simultaneamente, tamén levamos a cabo varios proxectos de investigación para centros tecnolóxicos e empresas dentro dos ámbitos da enerxía, a alimentación, a industria farmacéutica, os servizos, a pesca, a construción e a automoción. Ás veces, esta cooperación se leva a cabo a través de acordos marco ou proxectos europeos con clústeres ou asociacións empresariais como ASIME, AGACA, ANFACO ou CEAGA. Noutras ocasións, colaboramos directamente con empresas individuais e centros tecnolóxicos como Alcantara & Partners, Altran, CECOPESCA, APM Management Tools, Atlantic, CETMAR, Gas Natural, Grupo Calvo, Gradiant, Iberdrola, Innova Consult, Jealsa Rianxeira, Kaizen Institute, Pescanova, PSA Peugeot Citroën, Repsol, Syngenta, TECNALIA Research & Innovation e King Abdullah Petroleum Studies and Research Centre (KAPSARC).