11-09-2024 Beatriz Yordi, Directora de Mercados de Carbono e Mobilidade Limpa da UE, advirte, na xornada celebrada no marco do proxecto 4I-Traction, de que a dependencia dos combustibles fósiles é unha trampa para Europa.
O pasado 10 de setembro de 2024, tivo lugar en Santiago de Compostela a xornada "O Camiño á Neutralidade Climática: Reflexións desde Galicia e Europa", organizada por ECOBAS e o grupo REDE no marco do proxecto europeo H2020 4I-Traction. Este evento reuniu a representantes clave do sector público e privado para debater sobre o camiño cara a unha Europa climaticamente neutra e as estratexias de transición necesarias en Galicia...