08-05-2019
O grupo REDE coordinará o proxecto "Sherpa do Mar", unha das propostas financiadas na 2° convocatoria POCTEP, e na que UVigo é Beneficiario Principal.
A Universidade de Vigo obtivo financiamento para 12 proxectos de investigación procedente da segunda convocatoria do Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza Interreg VA España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. Esta convocatoria destacou pola súa alta competitividade, resultando aprobados tan só o 33% dos proxectos presentados.
“Sherpa do Mar” é un dos tres proxectos nos que a Universidade de Vigo actuará como Beneficiario Principal, está dotado con case 1 Millón de euros e se coordinará dende o grupo REDE. Dos 12 proxectos financiados, é o segundo en canto a fondos FEDER recaudados para a UVigo.
O obxectivo principal de Sherpa do Mar é crear e dinamizar unha plataforma eurorrexional (Galicia-Norte de Portugal) de fomento da competitividade no ámbito mariño-marítimo a través do impulso de empresas de base tecnolóxica con alto valor engadido. Para elo, se potenciarán as sinerxías tecnolóxico-científicas existentes e se dinamizará a creación e consolidación de novas actividades empresariais intensivas en coñecemento no ámbito mariño-marítimo. Estas accións favorecerán, á súa vez, o impulso da innovación, a xeración de emprego e o incremento da competitividade empresarial.
Resolución 2ª Convocatoria del Interreg VA España-Portugal (POCTEP) 2014-2020:
http://www.poctep.eu/es/poctep-proyectos-aprobados-2-convocatoria-Interreg-Espana-PortugalMáis info: