Novas

10-11-2023

O grupo Rede participa na 5ª reunión do consorcio do proxecto H2020 TransformAr en Atenas

A Universidade de Vigo segue traballando no proxecto H2020 TransformAr e membros do grupo de investigación REDE, xunto con membros do grupo GEOMA-UVigo e o resto de socios, participan na 5ª reunión do consorcio celebrada en Egaleo (Atenas) do 7 ao 9 de novembro de 2023.

Durante as tres xornadas analizouse o avance do proxecto e definiuse unha planificación estratéxica para acadar os obxectivos marcados para os vindeiros meses.

Este evento tivo lugar nun punto intermedio do proxecto, despois de dous anos de execución. Neste fito clave, o elemento principal do debate centrouse en achegar solucións concretas de implementación nos 6 Demostradores do proxecto, acelerar o seu despregue e medir os seus impactos en termos de adaptación transformacional.

Durante o encontro tamén se visitaron as ubicacións das solucións desenvolvidas no demostrador do Municipio de Egaleo. Esta actividade supuxo unha oportunidade para coñecer en profundidade como se están a implementar estas solucións para adaptar a cidade ao cambio climático e para compartir experiencias e boas prácticas.

Configuración de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia mientras se navega por el sitio web. Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en el navegador ya que son esenciales para el funcionamiento básico del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utilizas este sitio web; estas cookies se almacenarán en tu navegador sólo con tu consentimiento. También tienes la opción de no permitir estas cookies, sin embargo, la exclusión de algunas de estas cookies puede afectar a tu experiencia de navegación.

Cookies necesarias


Estas cookies son estrictamente necesarias para el funcionamiento de la página, las puedes desactivar cambiando la configuración de tu navegador pero no podrás usar la página con normalidad.

cb-enabled
cookieControl

Instrucciones sobre cómo eliminar las cookies y más información en nuestra política de cookies.