11-09-2024
Beatriz Yordi, Directora de Mercados de Carbono e Mobilidade Limpa da UE, advirte, na xornada celebrada no marco do proxecto 4I-Traction, de que a dependencia dos combustibles fósiles é unha trampa para Europa.
O pasado 10
de setembro de 2024, tivo lugar en Santiago de Compostela a xornada "O
Camiño á Neutralidade Climática: Reflexións desde Galicia e Europa",
organizada por ECOBAS e o grupo REDE no marco do proxecto europeo H2020
4I-Traction. Este evento reuniu a representantes clave do sector público e
privado para debater sobre o camiño cara a unha Europa climaticamente neutra e
as estratexias de transición necesarias en Galicia.
Paula Mª
Uría Traba, Directora Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático da Xunta
de Galicia, foi a encargada de inaugurar a xornada. Seguidamente,
Beatriz
Yordi, Directora de Mercados de Carbono e Mobilidade Limpa da Comisión Europea,
explicou os principais avances e as liñas clave en materia de política
climática para os próximos anos, desde unha perspectiva europea.
A
continuación, o investigador de REDE
Pol Fontanet presentou os principais
resultados do proxecto 4I-Traction, que tivo como obxectivo estudar como
avanzar cara a políticas climáticas transformadoras a través da innovación, os
investimentos, as infraestruturas e a integración sectorial.
Finalmente,
a mesa redonda "Políticas para mudar o rumbo", moderada polo Director
Adxunto de ECOBAS e investigador do grupo REDE,
Xavier Labandeira, permitiu un
intercambio enriquecedor de ideas. Entre os participantes estiveron
Beatriz
Yordi; Oriol Sarmiento, Xerente do Clúster de Enerxías Renovables de Galicia; e
Jacobo Aboal, Director da Axencia Galega da Industria Forestal. Este panel
abordou as políticas clave para acadar a neutralidade climática, nun contexto
de transición enerxética e económica para Galicia. O peche foi a cargo da
Directora Científica de ECOBAS,
María L. Loureiro, e o Secretario Xeral da
Oficina de Coordinación Económica da Xunta de Galicia,
Juan Carlos Reboredo.
A xornada
concluíu cun espazo de networking entre os asistentes, reforzando o compromiso
conxunto de diferentes sectores na loita contra o cambio climático.
O evento na prensa:
- Faro de Vigo- El Correo Gallego- Galicia Press- Dinamotecnica